Comeza o curso 2012-2013 e con el o noso proxecto anual.
O mércores 10 de outubro visitounos un pallaso. Estaba moi triste porque non tiña traballo. Non sabía facer malabares nin sabía facer xirar o disco chino. Os nenos e as nenas quixemos animalo. Prometémoslle que lle íamos axudar a montar un circo e el comprometeuse a adestrar e practicar moito.
Xa comezamos a buscar información sobre a "carpa" e comprobamos que hai moitas cousas que aprender sobre o mundo circense, pero temos moito tempo por diante...